'Know How'

Temos un detallado coñecemento dos medios de comunicación en Galicia, ademais dunha metodoloxía propia para ofrecer servizos de alto valor engadido ás empresas: Plans Estratéxicos de Comunicación Integral, Comunicación Política, Comunicación de Crise, comunicación Cultural e Elaboración de Estudos Sectoriais, Posicionamento 2.0, etc.

 

Adicamonos ao cliente

O que nos diferencia é o noso compromiso co cliente, que se traduce na obtención de resultados c para o seu negocio. Manter unha calidade de servizo do máis alto nivel é o noso principal compromiso. O noso traballo supervísase permanentemente.

 

Somos flexibles

O noso modelo de negocio permítenos manter un enfoque e sistema de traballo moi flexibles. En cada caso, e en función dos requirimentos do cliente, tamén podemos traballar nas súas oficinas.

 
O noso
método  
O noso método de traballo baséase nunha análise pormenorizada da túa empresa e os teus obxectivos, para ofrecer un proxecto totalmente personalizado.  Os nosos proxectos son concibidos e desenvolvidos desde a fase inicial até a súa total finalización, controlando todos os seus aspectos, para unha maior comodidade e sinxeleza na súa xestión e con orzamentos dirixidos a minimizar os teus custos.  Ofrecemos unha atención personalizada, baseada na confianza e con respostas rápidas e eficaces.   Implicámonos no teu proxecto e na túa empresa para asesorarte coa máxima profesionalidade, para converternos nun socio ao servizo dos teus resultados.
 

Somos independentes

Somos unha empresa que non pertence a ningún grupo empresarial, e por iso, totalmente independente. Isto permítenos emitir análise e opinións críticas, así como elixir ás mellores compañías colaboradoras en función das necesidades de cada cliente e da oferta do mercado.

 

Somos seguros

Estamos afeitos a traballar con información sensible e confidencial: todos os nosos contratos co cliente inclúen cláusula de confidencialidade. O equipo de Xurimaru asina un compromiso específico de confidencialidade e a documentación custodiase por medio de procedementos seguros.