Xurimaru Servizos de Comunicación naceu en 2009 como Axencia de Comunicación Corporativa. Somos cun grupo multidisciplinar de profesionais cunha sólida formación e experiencia en comunicación, mercadotecnia, deseño, programación e xestión en redes sociais. O noso obxectivo é dar resposta a todas as necesidades dos nosos clientes en materia de Mercadotecnia, Comunicación e Publicidade, coas tácticas e estratexias máis apropiados, ofrecendo servizos de calidade a medida.
Co obxectivo de ser capaces de ofrecer un servizo integral desenvolvemos o noso traballo en todos os ámbitos da comunicación e propomos unha comunicación desde a particularización de cada caso. Cunha visión estratéxica e integral, responsabilizámonos do ciclo completo do proxecto, desde a análise e a planificación, até a xestión e a posta en marcha de proxectos. Temos unha longa experiencia en comunicación política e institucional.
En XURIMARU encargámonos de xestionar de forma integral todos os servizos: Asesoramento Estratéxico en Comunicación; Relacións cos Medios; Comunicación de Crise; Comunicación Política; Comunicación Cultural, Xestión da Reputación; Informes Sectoriais; Plans e Informes de Comunicación e Reputación Corporativa ou Auditorías de Comunicación; Participación en Conferencias; Xestión de Patrocinios; Posicionamento 2.0, Tradución e Contidos Audiovisuais.